1. Anunciante: Dove.
2. Producto anunciado: crema Dove.
3. Soporte: vídeo.
Medio: televisión e internet.
4. Target: producto destinado as mulleres.
5. Duración: o longo ten unha duración de 7:03 e o corto ten unha duración de 1:36.
6. Hora / data de emisión: polo día. Campaña publicitaria do 2013.
7. Recursos empregados: en este anuncio publicitario utilíza a mulleres de mediana idade e emprega o impacto no sector feminino.
8. Mensaxe explícita: a mensaxe explícita que se da neste anuncio publicitario é a maneira de como nos vemos a nos mesmas fronte ao espello, referíndose a que so vemos os nosos defectos sen pararnos nin un segundo a buscar as nosas virtudes.
Mensaxe subxacente: a mesanxe subxacente que se da neste anuncio publicitario é que debemos seguir coidándonos sen importar como nos vexamos nos espello a nós mesmas porque sempre haberá alguén que nos vexa máis fermosas do que nós pensamos que somos. E por isto mesmo debemos mercar o producto anunciado.
9. Lema: "Eres más bonita de lo que piensas."
10. Emprego de textos: neste anuncio publicitario o texto só é empregado ao final deste invitándoche a entrar na súa páxina web para ver o anuncio completo xunto co lema deste anuncio.
11. Sons / narracións-locucións / música: a música deste anuncio comeza a escoitarse dende o principio deste onde se ve a persoas falando, quedando a música en segundo plano (música de fondo) e ao final do anuncio a música volve a ser a protagonista ata que este acaba.
12. Ritmo / secuencias / número e tipo de planos: o anuncio consta dun ritmo rápido ao principio deste pero, ao chegar ao minuto 1:28 o ritmo comeza a ser máis lento e pausado, deixando ver mellor e con máis detalle todo aquilo que sae en pantalla. Consta de 74 planos diferentes. En xeral son planos detalle e planos medios, a excepción de algúns do final que son planos xerais (algúns fixos e outros non).
13. Cromatismo: consta de cores suaves e luminosas.
14. Simbolismo visual: este anuncio publicitario consta de un grande simbolismo visual, sobre todo para as mulleres, pero non un simbolismo nos obxectos que vemos, se non no que oímos.
15. Narratividade: consta dunha narración dende o principio do anuncio no que, dende este punto, comézase a explicar en que consiste todo o que farán ata o final do vídeo. A narración continúa polas mulleres pero tamén intervén o dibuxante forense mediante preguntas que lles fai a estas. A narración é finalizada por unha voz feminina, dando paso ao lema do anuncio e aos textos seguintes xunto coa páxina web do anunciante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario